Archivo de la etiqueta: travesas

Sorteo de Nadal: 30 lotes e un Iphone 11

Sorteo de Nadal: 30 lotes e un Iphone 11

CARTEL A2Sorteo de Nadal: 30 lotes e un Iphone 11

 

BASES SORTEO

 

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS MERCADO TRAVIESAS (en adiante MERCADO TRAVESAS ou MT), ten proxectado efectuar diversos sorteos gratuitos entre as persoas que realicen compras nalgún dos postos adheridos o Mercado Travesas con motivo das compras de Nadal procedendo a cubrir a papeleta  de participación no sorteo. Os diferentes sorteos  someteranse ás  seguintes

 

BASES:

 

 

CLÁUSULA 1 –

Do 3 de decembro de 2019  ao 03 de xaneiro de 2020

CLÁUSULA 2 –

  • Ser maior de idade
  • O participante deberá realizar unha compra no mercado por papeleta introducida na urna.
  • Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
  • Só poderá entregarse un premio por participante e domicilio, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
  • Non poderán ser agraciados nesta campaña os comerciantes, nin os empregados, nin os membros da Asociación de Empresarios Mercado Travesas.

 

CLÁUSULA 3

 

Os sorteos  realizaranse no Mercado Travesas no seguinte orde:

  • O sábado 21 de decembro (20 LOTES DE PRODUTOS DE NADAL) extraendo UN gañador por cada premio xunto con cinco suplentes. As papeletas non premiadas serán reintroducidas na urna permitindo participar no seguinte sorteo.
  • O venres 03 de xaneiro de 2020 (10 LOTES DE PRODUTOS DE NADAL ) extraendo UN gañador por cada premio xunto con tres suplentes e  finalmente UN IPHONE 11 extraendo  UN gañador e tres suplentes.
  • Os sorteos comenzarán desde ás 11:45, en eventos abertos ao público.
  • As papeletas con identificación incompleta ou incorrecta (nome, apelidos e teléfono) serán rexeitadas nese mismo intre posterior a extracción.

 

CLÁUSULA 4 –  

  • Os premios de cada sorteo non poderán ser modificados, alterados ou compensados en valor ou diñeiro efectivo.
  • O agraciado poderá recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Sábado de 10:30 a 13:30.
  • En caso de que o gañador non se atope no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
  • Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.
  • Ante a imposibilidade de localización do gañador  transcurridos 7 días desde a celebración do sorteo  pasarase ó primeiro suplente. En caso  de non contactar no prazo de 7 días pasarase o seguinte suplente e así sucesivamente ata o último suplente, que ante a imposibilidade de localizar a este último, o premio quedará declarado deserto.

 

CLÁUSULA 5 –

Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.

Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog de mercadotravesas.com/blog/

Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.

Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.

Queda totalmente prohibido introducir papeletas  conseguidas fóra das normas da campaña ( unha papeleta por compra realizada).

 

CLÁUSULA 6 – 

Seralle de aplicación as disposicións da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do
Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das Leis sobre
o Imposto de Sociedades, sobre a Renda dos non residentes e sobre o Patrimonio; a
Disposición Adicional Primeira da Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizo e o seu exercicio, e o artigo 48, apartado 6, e apartado 7, nº 12, da Lei 13/2011, de 27 de maio, de Regulación do Xogo.

 

Tamén lle será de aplicación as previsións contidas no Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo, que aproba o vixente Reglamento do Imposto sobre a Renda das Persoas
Físicas; Disposicións Transitorias Primeira e Terceira da Lei 13/2011, de 27 de maio, de regulación do xogo; os vixentes artigos 36 e 40 do Decreto 3059/1966 de 1 de decembro, polo que se aproba o Texto Refundido de Taxas Fiscais; e demais disposicións concordantes dictadas no seu desenvolvemento. Na súa virtude, corresponderá á Promotora a realización do ingreso a conta do IRPF ou a práctica da retención oportuna, naqueles casos nos que efectivamente proceda.
De conformidade coa citada normativa, infórmase aos participantes na presente
promoción de que os premios concedidos pola participación en xogos, concursos, rifas, ou combinacións aleatorias vinculadas á venda ou promoción de bens ou servizos están suxeitos a retención ou ingreso a conta de IRPF, sempre que o valor do premio sexa superior a 300 euros.

 

En relación co anterior e en cumprimento da vixente normativa fiscal, a Promotora
practicará o correspondente ingreso a conta sobre o premio entregado e, no seu momento, expedirá a oportuna certificación que facilite ao participante agraciado o cumprimento das súas obrigacións fiscais ao ter que incorporar na súa declaración de IRPF o rendemento consistente no premio recibido, xunto co resto das rendas que perciba, e de cuxa cota total poderase deducir como xa ingresada a cantidade que conste na mencionada certificación de ingreso a conta, todo iso segundo establece a citada Lei 35/2006, de 28 de novembro.

 

 

 

En consecuencia, a Promotora só asume fronte ao contribuinte a súa obriga
legal de efectuar o ingreso a conta, sendo de conta do contribuinte o cumprimento das
súas respectivas obrigacións tributarias.

A estes efectos, comunícase que o valor de mercado para os premios en especie é igual ao valor de adquisición, incrementado nun vinte por cento (20%), segundo establece o artigo 105.1 do citado Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Reglamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Así mesmo, infórmase aos participantes que o agraciado deberá confirmar o día da entrega do premio os seus datos persoais, mostrando o seu DNI ou documento válido de identificación en España.

Co fin de que poidan ser efectuados os ingresos a conta mencionados nos
párrafos precedentes, o gañador deberá asinar en todo caso un escrito xustificativo da
recepción do premio ao recibir o mesmo e entregar á Promotora fotocopia do seu DNI ou documento válido de identificación en España. En caso contrario, perdería o seu dereito á recepción ou goce do premio.

A cumplimentación dos datos persoais e fiscais dos agraciados necesarios para a
entrega dos premios ten carácter legal e é obligatoria, de forma que a ausencia ou
negativa a xustificar calquera de devanditos datos supoñerá a perda do dereito ao premio obtido.

 

CLÁUSULA 7-

En cada sorteo, o gañador/a AUTORIZA a MERCADO TRAVESAS a utilizar publicitariamente o seu nome e imaxe no material publicitario relacionado coa presente promoción.

O nome do gañador aparecerá publicado na páxina web de MERCADO TRAVESAS: www.mercadotravesas.com, nas redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas. Igualmente, autorizan para que apareza publicado en calquera das canles oficiais de comunicación do mercado e nos carteis informativos que se situarán en partes visibles nas instalación do MERCADO TRAVESAS, sen dereito a percibir contraprestación económica de clase algunha.

A negativa á publicación dos devanditos datos supoñerá a perda do dereito ao premio
obtido.

Todas as papeletas depositadas pasarán a ser propiedade de MERCADO TRAVESAS.
CLÁUSULA 8-

Informámoslle, respecto dos datos de carácter persoal que nos facilitou, dos seguintes extremos:

Responsable de tratamento: Os seus datos serán tratados por ASOCIACION EMPRESARIOS MERCADO TRAVESAS, con CIF G36712701 , Dir. postal: C/ ESPEDRIGADA, 7 36210 VIGO Correo elect: info@mercadotravesas.com

Finalidades: A finalidade do tratamento dos seus datos é a participación no sorteo. Lexitimación: RGPD: 6.1.a) A persoa interesada deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos. Prazo: Os seus datos serán conservados indefinidamente, no seu caso, durante o prazo legalmente esixido. Destinatarios: Os seus datos non serán cedidos a terceiros, salvo obrigación legal. Dereitos: Si desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación e/ou portabilidad ou si desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, diríxase por escrito, achegando unha copia dun documento acreditativo da súa identidade á dirección: C/ ESPEDRIGADA, 7 36210 VIGO ou mediante correo electrónico a info@mercadotravesas.com Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade: info@mercadotravesas.com

 

CLÁUSULA 9-
MERCADO TRAVESAS non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento da presente promoción; así como da falsedade dos datos aportados nos papeletas de participación.

CLÁUSULA 10-
MERCADO TRAVESAS resérvase o dereito a modificar as condicións da
promoción ou substituílas por outras de similares características, no suposto de existir algunha circunstancia que así o aconselle.

CLÁUSULA 11-
A participación na promoción supón a aceptación das presentes bases
e do criterio de MERCADO TRAVESAS en canto á resolución de calquera cuestión ou incidencia relacionada. O incumplimento dalgunha das bases por algún participante dará dereito a MERCADO TRAVESAS para excluírlle da promoción.

 

CLÁUSULA 12-
Xurisdicción: Para calquera controversia que xurda con respecto á validez, eficacia, interpretación e execución das Bases do presente Sorteo, os Participantes, con renuncia expresa a calquera outro fuero ou privilexio que puidese corresponderlles, acordan expresamente someterse á xurisdicción e competencia dos Xulgados e Tribunais de Vigo.

 

 

cartelRGBPEQUE-2019

Campaña de Entroido

cartelRGBPEQUE-2019Gañadores do sorteo:

María Jesús Pazó

María Jesús Fernández González

Oliva Román Rodríguez

Beatriz Riobó Agulla

Ana Marina Prieto Cabirta

María Pérez Alcántara

María del Carmen Rego Real

Antonia Pérez Vázquez

Dolores Varela Patiño

Patricia Teixeira Rodríguez

 

Sorteamos 10 lotes de produtos típicos do entroido

BASES:

 

CLÁUSULA 1 – PERÍODO:

Do 14 de febreiro ao 5 de marzo de 2018

CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:

  • Ser maior de idade
  • O participante deberá realizar unha compra no mercado por papeleta introducida na urna.
  • Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
  • Só poderá entregarse un premio por participante e domicilio, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
  • Non poderán ser agraciados nesta campaña os comerciantes, nin os empregados, nin os membros da Asociación de Empresarios Mercado Travesas.
  • O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso.

CLÁUSULA 3 – SORTEO:

  • Os sorteo realizaranse, no Mercado Travesas, o martes 5 de marzo (10 LOTES) ás 12:30, nun evento aberto ao público.

CLÁUSULA 4 –  RECOLLIDA DE PREMIOS:

  • O agraciado poderá recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Sábado de 10:30 a 13:30.
  • En caso de que o gañador non se encontre no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
  • Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.

CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: 

  • Os datos facilitados polos participantes só serán empregados para localizalos en caso de gañaren, posteriormente ás papeletas serán destruídas.
  • Os gañadores autorizan a que o seu nome e fotografía sexan publicados na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas.

CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:

  • Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog de mercadotravesas.com/blog/
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
  • Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.
  • Queda totalmente prohibido introducir papeletas ao chou conseguidas fóra das normas da campaña ( unha papeleta por compra realizada).
IMG_0454

Floristeria Mary

Na floristeria Mary traballan Feli, Noe e Tamara, especialistas en flores naturais, frecas e do país, e noutras variedades de importación.

O seu traballo pasa pola composición floral e a preparación de motivos para ocasións sinaladas: hervas de San Xoán, palmas e olivos para o Domingo de Ramos, etc.

Do seu traballo din que o que máis lles gusta é o trato directo cos seu clientes. Un consello rápido para os amantes das plantas e flores?antes de poñelas en auga fresca é preciso cortarlle o talo en diagonal, cambiando a auga o máis amiúdo posible e nos abusado do rego en plantas de interior.

Carnicería MªCarmen

Carnicería Mari Carmen E. Varela

Carnicería MªCarmenIMG_0362

Na carnicería MªCarmen atoparás a Jose e a súa nai Mª Carmen. Traballan carnes de vacún maior e leital, aves de corral, como polos de Barrantes, galiñas, polos tomateiros e paspallás (codornices), porco e tamén fan os seus propios elaborados e salazóns. Tamén traballan cordeiro leital de Castela, carne característica pola súa sabor suave, tenra e melosa.

A parte da tenreira dastacan no traballo do vacún maior do país, do cal ofrecen cortes como a croca, ideal para a prancha ou fritir,picaña, chuletóns, entrecottes e de cara o verán churrasco ou costela.

Apostan polos elaborados naturais  e con poucos aditivos.

Opinan que: “A calidade do produto nun mercado é indicutible. Os primeiros interesados en ter unha boa calidade somo os comerciantes. Somos os primeiros consumidores. Ademáis gústanos ter o cliente ben atendido e contento.”

Din que do seu traballo gústalle todo, dende o corte da carne ata o trato co cliente, o seu traballo din que lles encanta!

Aconséllannos que non sempre a carne máis cara ou con mais sona é a mellor. A carne amén ten modas, por diferentes razóns (receitas na televisión, porque algún restaurante sabe preparala ben…) e esa moda pola que nos deixamos levar non sempre coincide cos nosos gustos. O mellor é sempre falar sobre os nosos gustos e sobre o que precisamos co noso carniceiro, él vai escoitar e aconsellarte ben sempre.

IMG_0363

Aconsellannos unha receita:

Polo marinado en yogurt.

Ingredientes:

2 yogures sen azucar

media “cebolleta” picada

1 dente de allo picado

1 cullarada de Garam Masala ou curry ( ou mistura de especias que nos guste)

zume de lima ou de medio limón

1 cucharadiña de xenxibre

1 peituga de polo en tacos

Elaboración:

Preparamos unha marinada con todos os ingredientes e maceramos o polo en ela no frigorífico un mínimo de 3 horas.

Preparamos unhas brochetas e cociñamos ao forno forte ou parrillada durante 7 minutos por un lado.

Pódese acompañar dunha boa ensalada.

Pódes tamén preparar con outras carnes.

 

Para contactar con eles: 986 23 37 90