Archivos de la categoría Noticias

30 lotes de Nadal

Campaña de Nadal 30 lotes

 

Sorteamos 30 lotes de produtos típicos de Nadal.

BASES:

Sorteo 30 lotes
Sorteo 30 lotes

CLÁUSULA 1 – PERÍODO:

Do 5 de decembro ao 28 de decembro de 2018

CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:

  • Ser maior de idade
  • O participante deberá realizar unha compra no mercado por papeleta introducida na urna.
  • Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
  • Só poderá entregarse un premio por participante e domicilio, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
  • Non poderán ser agraciados nesta campaña os comerciantes, nin os empregados, nin os membros da Asociación de Empresarios Mercado Travesas.
  • O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso.

CLÁUSULA 3 – SORTEO:

  • Os sorteo realizaranse, no Mercado Travesas, o venres 21 de decembro (20 LOTES) e o venres 28 de decembro (10 lotes) ás 11:45, en eventos abertos ao público.

CLÁUSULA 4 –  RECOLLIDA DE PREMIOS:

  • O agraciado poderá recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Sábado de 10:30 a 13:30.
  • En caso de que o gañador non se encontre no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
  • Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.

CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: 

  • Mercado Travesas resérvase o dereito de incorporar os datos facilitados á súa base de datos.
  • Os participantes autorizan a que o seu nome e fotografía sexan publicados na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas. Igualmente, autorizan para que apareza publicado en calquera das canles oficiais de comunicación do mercado.

CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:

  • Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog de mercadotravesas.com/blog/
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
  • Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.
  • Queda totalmente prohibido introducir papeletas o chou conseguidas fóra das normas da campaña ( unha papeleta por compra realizada).
Concello de Vigo

OFERTA DE EMPREGO 1 Debuxante e deseñador de interiores-escaparatismo

Logo Concello de Vigo color

Anexo IX
Convocatoria de subvencións para o Fomento do
Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2018

OFERTA DE EMPREGO
Asociación que realiza a oferta: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS MERCADO TRAVIESAS

Posto/s ofertado/s e perfil/is solicitado/s:
1 POSTO DE DEBUXANTE E DESEÑO DE INTERIORES-ESCAPARATISMO
-Facer decorados, idear e realizar composicións para escaparates, elaborar estratexias visuais,
deseñar stands.
-Concibir proxectos de alta ou media complexidade, a través dos sistemas informatizados, planos e outras formas de representación. -Crear espazos con detalle e habilidades para levar o proxecto desde o concepto ata a decoración e remodelación.

Requisitos xerais:
-Empadroado en Vigo antes do 01/01/2016.
-Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
– Posuir o perfil para o posto solicitado

Outros requisitos:
Arquitectura; Deseño de Interiores; Belas Artes. Masters relacionados co
interiorismo. Estudos de Formación Profesional acordes co deseño gráfico e
interiorismo, a decoración e a edificación e obra civil

Presentación de currículums:
– Prazo de remate de recepción de cv: 18/ABRIL/2018
– Enderezo de envío e/ou de entrega: info@mercadotravesas.com
Data de publicación: 13/_ABRIL_/2018
A oferta publicarase en:
– http://mercadotravesas.com/blog/
– Taboleiros de anuncios de Desenvolvemento Local e Emprego
– Web municipal “Asociacións en rede” (http://asociacións.vigo.org)

Calendario Mercado Ecolóxico

Mercado Ecolóxico datas

Programa Mercado Ecolóxico
Programa Mercado Ecolóxico

O 14 de abril teremos unha nova edición do Mercado Ecolóxico con produtores con produtos certificados polo Craega – Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia como vimos facendo.

E o 16 de xuño, 11 de agosto, 13 de outubro e 15 de decembro tamén o organizaremos. Non faltes!

Contaremos entre outros con , Nutre en Bio Sociedade Cooperativa Galega e Manuel da Horta MB en Campo Lameiro …Con productos de cercanía e ecolóxicos.
 
Se es productor ecolóxico e estás interesado en participar non dubides en poñerte en contacto con nós. E se estás preocupado por levar una alimentación saudable o Mercado Travesas e o teu mercado. Traballamos para ofrecerche o mellor e en breves próximas datas do Mercado Ecolóxico.
Concello de Vigo

Oferta de emprego

Convocatoria de Fomento Emprego
Convocatoria de Fomento Emprego

Anexo IX
Convocatoria de subvencións para o Fomento do
Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2018
OFERTA DE EMPREGO
Asociación que realiza a oferta: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS MERCADO
TRAVIESAS
Posto/s ofertado/s e perfil/is solicitado/s:
1 posto Persoal mantemento
Levar a cabo o mantemento xeral das instalacións do mercado.
Funcións propias do posto:
Mantemento preventivo e correctivo das instalacións xerais
Requisitos xerais:
 Empadroado en Vigo antes do 01/01/2016.
 Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
 Posuir o perfil para o posto solicitado
Outros requisitos:
Experiencia en posto semellante.
Coñecementos básicos de fontanaría, electricidade e albanelaría.
Manexo de ferramenta manual.
Presentación de currículums:
 Prazo de remate de recepción de cv: 26/febreiro/2018
 Enderezo de envío e/ou de entrega: info@mercadotravesas.com
Data de publicación: 20/febreiro/2018
A oferta publicarase en:
◦ http://mercadotravesas.com/blog/
◦ Taboleiros de anuncios de Desenvolvemento Local e Emprego
◦ Web municipal “Asociacións en rede” (http://asociacións.vigo.org)