Archivos de la categoría Postos

Froitaría Zaira

Froitas Zaira

Patri & Silvia
Patri & Silvia

En Froitas Zaira traballan Patricia e Silvia.

No seu posto poderemos atopar froitas, verduras, legumes e plantas aromáticas. Ademáis de produtos de tempada.

Preocúpanse en ofrecer a mellor seleción en produtos naturais, variedade, cor e alegría no seu posto. O seu produto sempre coa máxima frescura.

Frutas Zaira destaca pola constacia e innovación.

Patri e Silvia desfrutan  co trato persoal ao cliente e aconsellannos exisir sempre produto fresco, pensar no menú que imos realizar e comprar segundo o que necesitemos.

jamonesDYM

Charcutería-Xamonería DYM

Mario
Mario

Neste posto atoparás embutidos nacionais de calidade e queixos galegos artesanais. O seu produto estrela é o Xamón Ibérico Denominación de Orixen Guijuelo, un produto de enorme calidade e sabor, moi saudable polas súas propiedades.

Ofrece produtos caseiros de elaboración artesanal, embutidos e curados coa mellor relación calidade-prezo e profesionalidade na atención e o servicio.

Destaca porque son especialistas no corte a coitelo do xamón, no desosado, corte e envasado de pezas de xamón.

No Mercado atenderanlle profesionais que adican a súa vida a venta do seu produto, son persoas que coñecen o produto dende a súa orixen e que elixen o mellor para vostede.

Mario lémbranos que a calidade non sempre vai ligada a unha marca e recoméndanos probar o produto antes de mercalo.