Archivos de la categoría Información

Diseño sin título (13)

Volven as visitas escolares ao Mercado Travesas

Un novo curso escolar está a piques de comezar e tamén as actividades e visitas guiadas que realizan os colexios fora do recinto da escola.
Por iso, un ano máis abrimos as nosas portas para que os nenos e nenas dos distintos centros escolares poidan coñecer como é un Mercado por dentro mediante unha visita guiada pensada especialmente para os máis pequenos

IMG_20161102_102052

Programación Visita guiada ao Mercado Travesas

A noso obxectivo é que a visita guiada sexa unha actividade educativa, onde o Mercado Travesas, invita ás escolas a facer que os nenos do ámbito xeográfico próximo se acheguen a descubrir o mercado e o que o caracteriza e o diferenza doutras formas de comercio.
Tras o éxito obtido durante os últimos anos nas visitas, acadando máis de 800 nenos cada ano, esperamos este ano poder chegar a máis colexios.
A proposta educativa diríxese a rapaces de entre 4 e 9 anos. Os contidos da visita organízanse de forma secuencial e acumulativa, de maneira que ao longo do percorrido se traballan contidos novos e se reforzan os anteriores.
A actividade ten como finalidade facilitar unha dinámica educativa que permita aos alumnos ter unha experiencia directa do que é o mercado a través dunha visita ás súas instalacións. Por outra parte, animar a todos os participantes no programa educativo a compartir as súas experiencias e impresións a través dun concurso artístico

Esta guía ten o obxectivo de compartir cos docentes todos os aspectos que se consideraron no deseño da proposta para facilitar a súa aplicación.
Os contidos e as actividades foron descritos tendo en conta un grupo estándar. Entendemos que cada alumno e cada aula ten unhas características determinadas, polo que haberá que axustar a proposta a cada contexto.

Programación

A actividade ten como finalidade presentar o mercado como un espazo de consumo onde, ademais da posibilidade de encontrar unha gran variedade de produtos frescos e de calidade que nos axudan a manter unha dieta equilibrada, predomina un modelo de comercio de proximidade, con todas as súas vantaxes. A proposta consta de varias actividades, divididas en tres momentos diferentes: antes, durante e despois da visita

Contidos:

1. Diferenciación de alimentos frescos de alimentos envasados
2. Alimentos saudables que se poden atopar nun mercado para as distintas comidas do día: almorzo, comida, merenda e cea.
3. Orixe dos alimentos: animal e vexetal.
4. Alimentos derivados (ex: do leite, da carne, etc)
5. Procedencia de algúns alimentos elaborados.
6. Elaboración dun menú sinxelo (1º prato, 2º prato, sobremesa)
7. A importancia dunha alimentación variada: as froitas
8. Os vendedores/as, tipos de postos, a importancia social do mercado.

Obxectivos:

– Identificar o mercado como unha opción de consumo de produtos saudables e de calidade, necesarios para unha dieta sa e equilibrada.
-Descubrir o comercio de proximidade, recoñecendo a atención personalizada e a orientación e información o consumidor como as súas características principais.
-Recoñecer o valor do mercado como un establecemento especializado en produtos alimenticios frescos, variados e de calidade.

Actividades

Antes: Breve explicación no espazo infantil.
Durante: Visita guiada polo mercado.

Plano da visita:

Despois: Xogos aplicando os coñecementos adquiridos nunha das nosas salas facendo un debuxo de aquelo que chamara máis a sua atención da visita, degustación dun zume natural e visualización dun video dunha horta ecolóxica

Contribución da actividade nas competencias básicas
A través das seguintes actividades poderemos traballar aspectos diferentes que nos axudarán a desenvolver diversas competencias básicas:

-Na proposta atopamos actividades de conversación, debate e reflexión conxunta, que axudarán a traballar aspectos relacionados coa competencia comunicativa e lingüística.
-Por outra parte, descubrir o mercado máis próximo e participar na súa actividade potencian os aspectos relativos á competencia de interacción co mundo físico e a competencia social e cidadá.
-No momento de crear para participar no concurso de “Sensacións no Mercado Travesas” axudaremos a traballar a competencia creativa.
-Finalmente, a reflexión sobre os progresos e coñecementos que se adquiren relaciona a proposta coa competencia de aprender a aprender.

Para máis información ou concertar unha visita guiada ao  noso Mercado poden contactar no correo electrónico marketingtravesas@gmail.com ou chamando o número 986 122 859

www.mercadotravesas.com

 

redes sociales

Volta ao Cole no Mercado Travesas

Un novo curso escolar está a piques de empezar e no Mercado Travesas queremos axudarte a “tirar do carro” nun mes de moitos gastos para as familias. Por iso, dende o 1 ata o 23 de setembro mercar nos postos e comercios do noso Mercado pode ter premio.

Participar é moi sinxelo. So tes que pedir a tua papeleta de participación co ticket de compra e depositalo na urna que atoparás no Mercado.

Recorda cumprir os teus datos na papeleta para que sexa válida e podamos comunicarte o resultado no caso de ser un dos gañadores

unnamedscan

O sorteo para nomear os gañadores terá lugar o martes 26 de setembro nun acto público que empezará ás 10 h. nas instalacions do Mercado entre as papeletas válidas contidas na urna.

Os premios desta promoción consisten en 15 cheques regalo de 50 € e 1 cheque regalo de 150 € que deberán ser gastados nos distintos postos e comercios que compoñen o Mercado Travesas

As bases do sorteo están dispoñibles no blog do Mercado Travesas na seguinte ligazón

http://mercadotravesas.com/blog/bases-sorteo-na-volta-ao-cole-axudamoste-a-tirar-do-carro/

Boa sorte!

MTR004_DinA2_1.0_AF

Campaña de Entroido

MTR004_DinA2_1.0_AF

 

Colaboran: logo_bodegas_gallegas_

 

FUNCIONAMENTO:

O cliente participará no sorteo de 20 lotes de Entroido. Para isto requerirase cubrir a papeleta de participación correctamente e introducila nas nosas urnas, será necesario realizar unha compra en calquera posto do Mercado Travesas para conseguir unha papeleta.

Os comerciantes darán aos seus clientes unha papeleta con cada compra.

 

BASES:

CLÁUSULA 1 – PERÍODO:

  • Do 21 de xaneiro ao 9 de febreiro.

CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:

  • Ser maior de idade
  • O participante deberá realizar unha compra no mercado.
  • Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
  • Só poderá entregarse un premio por participante, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
  • Non poderán ser agraciados nesta campaña os comerciantes, nin os empregados, nin os membros da Asociación de Empresarios Mercado Travesas.
  • O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso.

 CLÁUSULA 3 – SORTEO:

  • Osorteorealizarase, no Mercado Travesas, omartes9 de febreiro ás 12:00h.

 CLÁUSULA 4 –  RECOLLIDA DE PREMIOS:

  • Os agraciados poderán recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Venres de 09:00 a 14:00.
  • En caso de que o gañador non se encontre no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
  • Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.

 CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: 

  • Mercado Travesas resérvase o dereito de incorporar os datos facilitados á súa base de datos.
  • Os participantes autorizan a que o seu nome e fotografía sexan publicados na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas durante a data de validez da campaña, así como durante os tres meses seguintes. Igualmente, autorizan para que apareza publicado en calquera das canles oficiais de comunicación do mercado.

 CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:

  • Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog de mercadotravesas.com/blog/
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
  • Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.