Sorteo 50 lotes de Nadal

CAMPAÑA DE NADAL 2017 SORTEO 50 LOTES

Este Nadal temos moitas actividades, aquí podedes ver a programación:

Programación

E ademais o noso sorteo de 50 lotes de Nadal.

cartel

 

BASES:

CLÁUSULA 1 – PERÍODO:

Diciembre 2017

CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:

  • Ser maior de idade
  • O participante deberá realizar unha compra no mercado.
  • Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
  • Só poderá entregarse un premio por participante, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
  • Non poderán ser agraciados nesta campaña os comerciantes, nin os empregados, nin os membros da Asociación de Empresarios Mercado Travesas.
  • O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso.

CLÁUSULA 3 – SORTEO:

  • O sorteo realizarase, no Mercado Travesas, o luns 22 de decembro (40 LOTES)e o xoves 29 de decembro (10 LOTES) ás 11:45, nun evento aberto ao público.

CLÁUSULA 4 –  RECOLLIDA DE PREMIOS:

  • O agraciado poderá recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Sábado de 10:30 a 13:30.
  • En caso de que o gañador non se encontre no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
  • Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.

CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: 

  • Mercado Travesas resérvase o dereito de incorporar os datos facilitados á súa base de datos.
  • Os participantes autorizan a que o seu nome e fotografía sexan publicados na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas durante a data de validez da campaña, así como durante os tres meses seguintes. Igualmente, autorizan para que apareza publicado en calquera das canles oficiais de comunicación do mercado.

CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:

  • Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog de mercadotravesas.com/blog/
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
  • Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.

 

Deja un comentario