Calendario Mercado Ecolóxico

Mercado Ecolóxico datas

Programa Mercado Ecolóxico
Programa Mercado Ecolóxico

O 14 de abril teremos unha nova edición do Mercado Ecolóxico con produtores con produtos certificados polo Craega – Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia como vimos facendo.

E o 16 de xuño, 11 de agosto, 13 de outubro e 15 de decembro tamén o organizaremos. Non faltes!

Contaremos entre outros con , Nutre en Bio Sociedade Cooperativa Galega e Manuel da Horta MB en Campo Lameiro …Con productos de cercanía e ecolóxicos.
 
Se es productor ecolóxico e estás interesado en participar non dubides en poñerte en contacto con nós. E se estás preocupado por levar una alimentación saudable o Mercado Travesas e o teu mercado. Traballamos para ofrecerche o mellor e en breves próximas datas do Mercado Ecolóxico.
Froitaría Zaira

Froitas Zaira

Patri & Silvia
Patri & Silvia

En Froitas Zaira traballan Patricia e Silvia.

No seu posto poderemos atopar froitas, verduras, legumes e plantas aromáticas. Ademáis de produtos de tempada.

Preocúpanse en ofrecer a mellor seleción en produtos naturais, variedade, cor e alegría no seu posto. O seu produto sempre coa máxima frescura.

Frutas Zaira destaca pola constacia e innovación.

Patri e Silvia desfrutan  co trato persoal ao cliente e aconsellannos exisir sempre produto fresco, pensar no menú que imos realizar e comprar segundo o que necesitemos.

jamonesDYM

Charcutería-Xamonería DYM

Mario
Mario

Neste posto atoparás embutidos nacionais de calidade e queixos galegos artesanais. O seu produto estrela é o Xamón Ibérico Denominación de Orixen Guijuelo, un produto de enorme calidade e sabor, moi saudable polas súas propiedades.

Ofrece produtos caseiros de elaboración artesanal, embutidos e curados coa mellor relación calidade-prezo e profesionalidade na atención e o servicio.

Destaca porque son especialistas no corte a coitelo do xamón, no desosado, corte e envasado de pezas de xamón.

No Mercado atenderanlle profesionais que adican a súa vida a venta do seu produto, son persoas que coñecen o produto dende a súa orixen e que elixen o mellor para vostede.

Mario lémbranos que a calidade non sempre vai ligada a unha marca e recoméndanos probar o produto antes de mercalo.

 

Alimentación saudable

Cómo coidar a nosa alimentación

vegetales

Cada día aumenta o número de persoas que quere coidar a súa alimentación e quere saber que é o que realmente está comendo.

A xente que adelgazar e manter una boa figura pero non a consta da súa saúde, por iso é importante vixiar a nosa alimentación e apostar por una dieta saudable e equilibrada.

A base dunha alimentación saudable é una alimentación natural con alimentos frescos e sen procesar, que evite as grasas saturadas e as fariñas refinadas.

É importante que sexa equilibrada e aporte os nutrientes necesarios. Tamén é importante que se axuste o ritmo de vida que cada persoa leva, aportando mais ou menos alimentos enerxéticos tales como os hidratos de carbono polo día e proteínas e grasas saudables durante a noite.

Ainda que existen multitude de dietas válidas o ideal é que cada dieta sexa personalizada, xa que cada corpo é diferente, a fin de preveer e reducir o risco de posibles enfermedades, como problemas cardiovasculares ou a diabetes e retardar o envellecemento. Débese ter en cona a idade, a actividade física, a composición corporal, enfermedades, intolerancias alimentarias, os gustos culinarios, o ritmo de vida e incluso o equilibrio emocional.

O ideal e acudir a un especialista para que elabore un plan personalizado. Hai que entender que a alimentación é un dos aspectos mais importantes da vida, de ela depende a calidade e a saúde.

Os expertos recomendan:

-Planificar as comidas así como a lista da compra, débese evitar a improvisación e procurar realizar a compra unha vez por semana.

-Realizar 5 comidas ao día, 3 principais e 2 tentempiés. Importante comer amodo.

-Combinar sempre unha proteína cun hidrato de carbono e unha grasa saúdable.

Beber auga

-Beber entre 2 litros e 2,5 de auga o día.

 

-Tomar entre 5 e 7 racións de fruta e verdura ao día, sempre de forma natural e fresca evitando envasados. Recoméndase comer tamén a pel da froita e evitar zumes envasados.
Seleccionar sempre alimentos integrais.

-Aconséllase tomar entre 0,9 e 1,5 gr de proteínas por kilo de peso. Depende da actividade física que se realice.
Evitar azúcares e endulzantes así como alimentos que os conteñan.

-Desayunar coma un rey, comer coma un príncipe e cear coma un mendigo. Non se debe esquecer que o desayuno é a comida mais importante do día.

-Non tomar alcohol en exceso. Entre unha  dúas copas de viño tinto en comidas diferentes.

-Embutido escoller entre xamón york, pavo ou xamón serrano, desechar os envasados.
Tomar de 3 a 6 noces diarias.

-Cociñar con 2 ou 3 cucharadas de aceite de oliva extra ao día

-Evitar alimentos precocinados ou excesivamente procesados.

carne

-Tomar tenreira 2 veces por semana e peixe ou marisco 4.

-Comer legumes 1 ou 2 veces por semana

-Evitar o microondas e non cociñar os alimentos en exceso

-2 onzas de chocolate negro ao día repartidas en merenda e cea

-Evitar fritos e empanados

-Tomar 2 racións de lácteos desnatados ao día.

Se comezamos por estes consellos seguro o noso corpo nolo agradecerá.

As túas compras máis preto de casa