Na carnicería MªCarmen atoparás a Jose e a súa nai Mª Carmen. Traballan carnes de vacún maior e leital, aves de corral, como polos de Barrantes, galiñas, polos tomateiros e paspallás (codornices), porco e tamén fan os seus propios elaborados e salazóns. Tamén traballan cordeiro leital de Castela, carne característica pola súa sabor suave, tenra e melosa.
A parte da tenreira dastacan no traballo do vacún maior do país, do cal ofrecen cortes como a croca, ideal para a prancha ou fritir,picaña, chuletóns, entrecottes e de cara o verán churrasco ou costela.
Apostan polos elaborados naturais e con poucos aditivos.
Opinan que: “A calidade do produto nun mercado é indicutible. Os primeiros interesados en ter unha boa calidade somo os comerciantes. Somos os primeiros consumidores. Ademáis gústanos ter o cliente ben atendido e contento.”
Din que do seu traballo gústalle todo, dende o corte da carne ata o trato co cliente, o seu traballo din que lles encanta!
Aconséllannos que non sempre a carne máis cara ou con mais sona é a mellor. A carne amén ten modas, por diferentes razóns (receitas na televisión, porque algún restaurante sabe preparala ben…) e esa moda pola que nos deixamos levar non sempre coincide cos nosos gustos. O mellor é sempre falar sobre os nosos gustos e sobre o que precisamos co noso carniceiro, él vai escoitar e aconsellarte ben sempre.
Aconsellannos unha receita:
Polo marinado en yogurt.
Ingredientes:
2 yogures sen azucar
media “cebolleta” picada
1 dente de allo picado
1 cullarada de Garam Masala ou curry ( ou mistura de especias que nos guste)
zume de lima ou de medio limón
1 cucharadiña de xenxibre
1 peituga de polo en tacos
Elaboración:
Preparamos unha marinada con todos os ingredientes e maceramos o polo en ela no frigorífico un mínimo de 3 horas.
Preparamos unhas brochetas e cociñamos ao forno forte ou parrillada durante 7 minutos por un lado.
Pódese acompañar dunha boa ensalada.
Pódes tamén preparar con outras carnes.
Para contactar con eles: 986 23 37 90