FUNCIONAMENTO:
O cliente participará no sorteo de 15 premios de 50 euros e 1 gran premio de 150 euros. Para iso requerirase cubrir a participación correctamente e introducila na nosa urna. Será preciso realizar unha compra en calquera posto do mercado para poder participar no sorteo.
Os comerciantes daranlles aos seus clientes unha papeleta con cada compra.
1 gran premio de 150 euros:
Aos agraciados entregaráselles un cheque regalo para volver mercar nos establecementos de pequeno comercio do Mercado Travesas.
15 premios de 50 euros:
Aos agraciados entregaráselles un cheque regalo para volver mercar nos establecementos de pequeno comercio do Mercado Travesas.
BASES:
CLÁUSULA 1 – DURACIÓN DA PROMOCIÓN:
Do 1 ao 23 de setembro, ambos inclusive
CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:
A persoa participante deberá realizar una compra nos establecementos de pequeno comercio do Mercado Travesas.
Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
Só se entregará un premio por participante. No caso de saíren dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, só será válida a papeleta de maior contía.
O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso. Esto inclúe que as papeletas extraídas que non conten con todos os datos cubertos poderán ser descartadas sen acceso ao premio.
CLÁUSULA 3 – SORTEO:
O sorteo realizarse no Mercado Travesas o martes 26 de setembro nun acto que empezará ás 10 h. nun evento aberto ao público.
CLÁUSULA 4 – RECOLLIDA DE PREMIOS:
As persoas ganadoras poderán recoller o seu premio se están presentes en dito sorteo, ou ben nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Venres de 9:30 a 13 h.
No caso de que a persoa ganadora non se atope no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono ou vía email, segundo os datos que teña deixado na papeleta.
Disporá de 7 días despois da celebración do sorteo para recoller o seu premio.
CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS:
O Mercado Travesas reserva para si o dereito de incorporar os datos facilitados á súa base de datos.
As persoas participantes autorizan a que o seu nome e fotografía sexan publicados na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) do Mercado Travesas. Igualmente, autorizan para que apareza publicado en calquera das canles oficiais de comunicación do Mercado.
CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:
As persoas participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión de dita persoa como participante do sorteo.
Mercado Travesas reserva para si o dereito de modificar as bases do sorteo, parcial ou totalmente, en calquera momento. Así mesmo reserva para si tamén o dereito de anulalo ou ben deixar o premio deserto no caso de detectarse algunha irregularidade. De chegar a realizarse calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento das persoas participantes nas redes sociais e no blog do Mercado Travesas, na seguinte ligazón: mercadotravesas.com/blog/
Mercado Travesas reserva para si o dereito de excluír da participación no sorteo a todas as persoas participantes que estime que están incumplindo calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dunha persoa participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polas propias persoas agraciadas, que impedise a súa identificación.