Objetivos de desarrollo sostenible
Oferta de emprego como Xestor de Redes
Campaña de Entroido
María Jesús Pazó
María Jesús Fernández González
Oliva Román Rodríguez
Beatriz Riobó Agulla
Ana Marina Prieto Cabirta
María Pérez Alcántara
María del Carmen Rego Real
Antonia Pérez Vázquez
Dolores Varela Patiño
Patricia Teixeira Rodríguez
Sorteamos 10 lotes de produtos típicos do entroido
BASES:
CLÁUSULA 1 – PERÍODO:
Do 14 de febreiro ao 5 de marzo de 2018
CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:
- Ser maior de idade
- O participante deberá realizar unha compra no mercado por papeleta introducida na urna.
- Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
- Só poderá entregarse un premio por participante e domicilio, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
- Non poderán ser agraciados nesta campaña os comerciantes, nin os empregados, nin os membros da Asociación de Empresarios Mercado Travesas.
- O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso.
CLÁUSULA 3 – SORTEO:
- Os sorteo realizaranse, no Mercado Travesas, o martes 5 de marzo (10 LOTES) ás 12:30, nun evento aberto ao público.
CLÁUSULA 4 – RECOLLIDA DE PREMIOS:
- O agraciado poderá recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Sábado de 10:30 a 13:30.
- En caso de que o gañador non se encontre no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
- Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.
CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS:
- Os datos facilitados polos participantes só serán empregados para localizalos en caso de gañaren, posteriormente ás papeletas serán destruídas.
- Os gañadores autorizan a que o seu nome e fotografía sexan publicados na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas.
CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:
- Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
- Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog de mercadotravesas.com/blog/
- Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
- Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.
- Queda totalmente prohibido introducir papeletas ao chou conseguidas fóra das normas da campaña ( unha papeleta por compra realizada).
OFERTA DE EMPREGO
CÓDIGO:
Anexo VI
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DE EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2019
OFERTA DE EMPREGO
Asociación que realiza a oferta: ASOCIACIÓN EMPRESARIOS MERCADO TRAVESAS
Posto/s ofertado/s e perfil/ís solicitado/s:
1 posto Persoal mantemento
Levar a cabo o mantemento xeral das instalacións do mercado. Funcións propias do posto:
Mantemento preventivo e correctivo das instalacións xerais
Requisitos xerais:
- Empadroado en Vigo antes do 01/01/2018.
- Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
- Posuir o perfil para o posto solicitado
Outros requisitos:
Presentación de currículums:
- Prazo de remate de recepción de cv: 18/FEBREIRO/2019
- Enderezo de envío e/ou de entrega: info@mercadotravesas.com
Data de publicación:04/FEBREIRO/2019
A oferta publicarase en:
◦ Páxina web e/ou rede social da entidade
◦ Taboleiros de anuncios de Participación Cidadá e Desenvolvemento
Local
◦ Web municipal “Asociacións en rede” (http://asociacións.vigo.org)
Vigo, na data da sinatura electrónica*
*Lembre que deberá asinar electronicamente este formulario antes de achegalo a través da sede electrónica.
Floristeria Mary
Na floristeria Mary traballan Feli, Noe e Tamara, especialistas en flores naturais, frecas e do país, e noutras variedades de importación.
O seu traballo pasa pola composición floral e a preparación de motivos para ocasións sinaladas: hervas de San Xoán, palmas e olivos para o Domingo de Ramos, etc.
Do seu traballo din que o que máis lles gusta é o trato directo cos seu clientes. Un consello rápido para os amantes das plantas e flores?antes de poñelas en auga fresca é preciso cortarlle o talo en diagonal, cambiando a auga o máis amiúdo posible e nos abusado do rego en plantas de interior.