Archivos de la categoría Noticias

¿Queres traballar con nós-

Oferta de emprego do Mercado Travesas de Vigo

Lugar de presentación das candidaturas: Mercado das Travesas
Rua Espedrigada, s/n
36210 – Vigo

Correo electrónicoinfo@mercadotravesas.com

Os candidatos/as deberán estar empadroados en Vigo desde o 1 de Xaneiro de 2016 e inscritos na correspondente Oficina de Emprego como demandantes de emprego

Postos Ofertados

 

  • 1 Posto Persoal Mantemento

Descrición xeral do posto:

Levar a cabo o mantemento xeral das instalacións do mercado.

Funcións propias do posto:

Mantemento preventivo e correctivo das instalacións xerais.
Mantemento, instalación e reparacións básicas de fontanaría, electricidade, albanelaría, etc.
Pintado, limpeza e mantemento básico para o uso público do edificio.
Reparación de danos e pequenas avarías.
Medios utilizados:
Equipos: ferramentas manuais, alicates, chave inglesa, etc.

Requisitos:

Coñecementos teóricos e prácticos:
Experiencia en posto similar.
Coñecementos básicos de fontanaría, electricidade e albanelaría.
Manexo de ferramenta manual.

Perfil competencial:

Para o desenvolvemento óptimo e eficiente do posto, requírense as seguintes competencias e actitudes:
Formal: Traballador; de confianza; asegúrase de que o traballo se realiza correctamente e no prazo convido
Múltiples tarefas: Capaz de afrontar varias tarefas e de atender peticións; establece prioridades e asegúrase de que todos os problemas están solucionados; elabora plans de acción realistas tendo en conta as restricións de tempo e a dispoñibilidade de recursos.

Ofrécese:

Incorporación a empresa
Contrato de duración determinada: 5,5 meses.
Xornada de 40hs/semana
Salario segundo convenio Comercio alimentación provincia de Pontevedra (código convenio 3600315)


 

  • 1 Posto Xestora/or de Comunicación Externa 2.0

Descrición xeral do posto:

Levar a cabo a comunicación externa da asociación en redes sociais, webs, prensa e cartelería.
Xestión de comunicación e mercadotecnia.

Funcións propias do posto:

Xestión da comunicación e promoción externa da Asociación de Empresas do Mercado Das Travesas.
Creación, actualización, mantemento e posicionamento da asociación en redes sociais.
Resposta personalizada aos usuarios externos que contacten coa asociación a través dos medios 2.0.
Coñecementos avanzados de ámbitos informáticos (Windows, Linuxe/ou Mac) e de ferramentas de comunicación.
Asegurar o correcto almacenamento e as medidas de seguridade e confidencialidade da información tratada.
Manter os estándares de calidade no traballo.

Medios utilizados:

Material de oficina: impresora, fax, fotocopiadora, calculadora, grapadora, bandexas de documentación, ficheiros e arquivos, etc.
Material de consumo: folios, bolígrafos, gomas, suxeitapapeis, fita adhesiva, sobres, papel, goma, lapiseiro, rotuladores, carpetas, etiquetas, etc.
Software informático e Internet: paquete Office.

Requisitos:

Coñecementos teóricos e prácticos:
Idiomas: Castelán e Galego.
Altos coñecementos das diferentes redes sociais, blogs, páxinas web relacionadas, etc.
Manexar con destreza os ámbitos e programas informáticos específicos para a comunicación e
mercadotecnia (PaqueteMicrosoft Office).
Boa comunicación escrita e oral.
Rapidez mecanográfica demostrable.
Formación específica relacionada cos portais de redes sociais (Facebook, Twitter, blogs, etc)
Experiencia en posto similar.

Perfil competencial:

Para o desenvolvemento óptimo e eficiente do posto, requírense as seguintes competencias

Actitudes:

Creatividade/Innovación: Capaz de crear solucións novas e únicas aos problemas; capaz de crear solucións alternativas e novas fórmulas para facer negocios; goza sendo creativo; pensa en solucións orixinais; busca novas maneiras de facer as cousas.
Seguro das súas relacións sociais: Séntese cómodo cando coñece xente nova; séntese a gusto en situacións formais; é falador e mostra seguridade en si mesmo cando trata con distintos tipos de persoas; móstrase animado nas actividades en grupo; goza relacionándose con persoas diferentes; fai amigos doadamente; gústalle que lle poñan atención.
Asertividad: Capaz de comunicarse cos demais independentemente da súa condición ou posición social; capaz de resolver conflitos para obter o resultado desexado; capaz de convencer os demais para que cambien de opinión; capaz de tomar o mando; instrúe e dirixe os demais; expresa libremente as súas opinións; expón claramente os seus desacordos; disposto a criticar os demais.

Ofrécese:

Incorporación a empresa
Contrato de duración determinada: 5,5 meses.
Xornada de 20hs/semanais
Salario segundo convenio Comercio alimentación provincia de Pontevedra (código convenio 3600315)


  • 1 Posto Coordinador/a de Eventos

Descrición xeral do posto:

Coordinación das accións promocionais e eventos desenvolvidos no Mercado Travesas dentro do Plan de Marketing establecido, contribuindo na reelaboración do plan mediante propostas alternativas, asumirá asimesmo a xestión e execución de determinados eventos propostos.

Funcións propias do posto:

Análise das accións publicitarias e promocionais realizadas no Mercado Travesas.
Realizar recomendacións sobre as accións, eventos, e en xeral calquer tipo de idea que sexa susceptible de introducción no plan de marketing da Asociación.
Contribuir a elaboración do plan de comunicación que mellore a política de comunicación da Asociación.
Colaborar na xestión dos eventos programadas no plan de marketing e comunicación da Asociación.
Coñecementos avanzados de ámbitos informáticos (Windows, Linuxe/ou Mac) e de ferramentas de comunicación.
Asegurar o correcto almacenamento e as medidas de seguridade e confidencialidade da información tratada.
Manter os estándares de calidade no traballo.

Requisitos:

Coñecementos teóricos e prácticos:
Idiomas: Castelán e Galego.
Coñecementos de marketing.
Manexar con destreza os ámbitos e programas informáticos específicos para a comunicación e mercadotecnia (PaqueteMicrosoft Office).
Boa comunicación escrita e oral.
Experiencia en posto similar.

Perfil competencial:

Para o desenvolvemento óptimo e eficiente do posto, requírense as seguintes competencias actitudes
Creatividade/Innovación: Capaz de crear solucións novas e únicas aos problemas; capaz de crear solucións alternativas e novas fórmulas para facer negocios; goza sendo creativo; pensa en solucións orixinais; busca novas maneiras de facer as cousas.
Seguro das súas relacións sociais: Séntese cómodo cando coñece xente nova; séntese a gusto en situacións formais; é falador e mostra seguridade en si mesmo cando trata con distintos tipos de persoas; móstrase animado nas actividades en grupo; goza relacionándose con persoas diferentes; fai amigos doadamente; gústalle que lle poñan atención.
Asertividad: Capaz de comunicarse cos demais independentemente da súa condición ou posición social; capaz de resolver conflitos para obter o resultado desexado; capaz de convencer os demais para que cambien de opinión; capaz de tomar o mando; instrúe e dirixe os demais; expresa libremente as súas opinións; expón claramente os seus desacordos;
disposto a criticar os demais.

Ofrécese:

Incorporación a empresa
Contrato de duración determinada: 5 meses.
Xornada de 20hs/semanais
Salario segundo convenio Comercio alimentación provincia de Pontevedra (código convenio 3600315)

Febreiro

Los protagonistas del Mercado Ecológico Travesas

¡No hay duda! Si nuestro Mercado Ecológico tiene unos protagonista, estos son los Productores que nos acompañan en cada edición. Sobre todo cuando, además, las últimas semanas han sido, en lo climatológico, especialmente duras.

Por eso, desde el Mercado Travesas de Vigo, queremos agradecer su profesionalidad y compromiso, manteniendo firme nuestro apoyo para seguir celebrando el segundo sábado de cada mes una nueva edición del Mercado Ecológico Travesas

 

FebreiroTxema Daluz

 

MTR006_CartelA2_1 (1)

Sorteo de 50 lotes de Navidad

O cliente participará no sorteo de 50 lotes de Nadal. Para isto requerirase cubrir a papeleta de participación correctamente e introducila nas nosas urnas, será necesario realizar unha compra en calquera posto do mercado para poder participar no sorteo.
Os comerciantes darán aos seus clientes unha papeleta con cada compra.

50 lotes de Nadal

MTR006_CartelA2_1 (1)

 

MTR006_Boletos1

BASES:

CLÁUSULA 1 – PERÍODO:

Diciembre 2016

CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:

  • Ser maior de idade
  • O participante deberá realizar unha compra no mercado.
  • Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
  • Só poderá entregarse un premio por participante, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
  • Non poderán ser agraciados nesta campaña os comerciantes, nin os empregados, nin os membros da Asociación de Empresarios Mercado Travesas.
  • O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso.

CLÁUSULA 3 – SORTEO:

  • O sorteo realizarase, no Mercado Travesas, o luns 22 de decembro e o xoves 29 de decembro ás 11:00, nun evento aberto ao público.

CLÁUSULA 4 –  RECOLLIDA DE PREMIOS:

  • O agraciado poderá recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Venres de 10:30 a 13:30.
  • En caso de que o gañador non se encontre no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
  • Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.

CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: 

  • Mercado Travesas resérvase o dereito de incorporar os datos facilitados á súa base de datos.
  • Os participantes autorizan a que o seu nome e fotografía sexan publicados na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas durante a data de validez da campaña, así como durante os tres meses seguintes. Igualmente, autorizan para que apareza publicado en calquera das canles oficiais de comunicación do mercado.

CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:

  • Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog de mercadotravesas.com/blog/
  • Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
  • Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.