O 14 de abril teremos unha nova edición do Mercado Ecolóxico con produtores con produtos certificados polo Craega – Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia como vimos facendo.
E o 16 de xuño, 11 de agosto, 13 de outubro e 15 de decembro tamén o organizaremos. Non faltes!
Contaremos entre outros con , Nutre en Bio Sociedade Cooperativa Galega e Manuel da Horta MB en Campo Lameiro …Con productos de cercanía e ecolóxicos.
Se es productor ecolóxico e estás interesado en participar non dubides en poñerte en contacto con nós. E se estás preocupado por levar una alimentación saudable o Mercado Travesas e o teu mercado. Traballamos para ofrecerche o mellor e en breves próximas datas do Mercado Ecolóxico.
No seu posto poderemos atopar froitas, verduras, legumes e plantas aromáticas. Ademáis de produtos de tempada.
Preocúpanse en ofrecer a mellor seleción en produtos naturais, variedade, cor e alegría no seu posto. O seu produto sempre coa máxima frescura.
Frutas Zaira destaca pola constacia e innovación.
Patri e Silvia desfrutan co trato persoal ao cliente e aconsellannos exisir sempre produto fresco, pensar no menú que imos realizar e comprar segundo o que necesitemos.
Neste posto atoparás embutidos nacionais de calidade e queixos galegos artesanais. O seu produto estrela é o Xamón Ibérico Denominación de Orixen Guijuelo, un produto de enorme calidade e sabor, moi saudable polas súas propiedades.
Ofrece produtos caseiros de elaboración artesanal, embutidos e curados coa mellor relación calidade-prezo e profesionalidade na atención e o servicio.
Destaca porque son especialistas no corte a coitelo do xamón, no desosado, corte e envasado de pezas de xamón.
No Mercado atenderanlle profesionais que adican a súa vida a venta do seu produto, son persoas que coñecen o produto dende a súa orixen e que elixen o mellor para vostede.
Mario lémbranos que a calidade non sempre vai ligada a unha marca e recoméndanos probar o produto antes de mercalo.
O 10 de febreiro teremos unha nova edición do Mercado Ecolóxico con produtores con produtos certificados polo Craega – Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia como viñamos facendo.
Contaremos entre outros con Mirabel Do Rosal, Nutre en Bio Sociedade Cooperativa Galega, Sovoral Apicultura Orgánica, Manuel da Horta MB en Campo Lameiro …Todos eles con productos de cercanía e ecolóxicos.
Se es productor ecolóxico e estás interesado en participar non dubides en poñerte en contacto con nós. E se estás preocupado por levar una alimentación saudable o Mercado Travesas e o teu mercado. Traballamos para ofrecerche o mellor e en breves próximas datas do Mercado Ecolóxico.