Love Your Local Market, Me Gusta Mi Mercado ou Ama o Teu Mercado, é unha campaña internacional que trata de promover os mercados tradicionais como lugar de encontro social, promotor da economía local e proveedor de produtos sanos e naturais.
Esta campaña concrétase nunha acción coordinada en máis de 30 países de Europa, América e Asia, coa participación de máis de 3.000 mercados, que ao longo do mes de maio de cada ano realizan actividades de promoción dos Mercados Municipais, para poñer en valor a súa función vertebradora do comercio de alimentación nas cidades.
En España, en 2017 amplíase esta mensaxe co slogan “Mercados vivos. Cidades sustentables”, poñendo en valor a importancia do comercio de calidade e proximidade, e a súa vinculación coa cultura comercial e alimentaria de España, dirixido igualmente de maneira especial á poboación máis nova.
Este é o calendario de actividades culturais e gastronómicas que terá lugar no noso Mercado e nos distintos Mercados da cidade de Vigo (Progreso, Teis e Calvario)
¡Comezamos!