Sorteo diario

Regalamos 30€ de compra diarios.

Sorteo diario

Dende o vindeiro día 23 de setembro, ata o día 26 de outubro, no Mercado Travesas regalamos 30€ de compra diariamente.

Consulta o almanaque da promoción para saber en que postos debes mercar cada día, para participar no sorteo diario.

¡Sorte!

Haz click para ampliar
Calendario promoción (ampliar)

 

Bases do Sorteo:

 

CLÁUSULA 1 – PERÍODO:

•Dende o día 23 de setembro ata o día 26 de outubro de 2013.

CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:

•Poderán participar no sorteo as persoas maiores de idade, que:

– comprasen no Mercado Travesas na sección do día de 8:45 a 21:15.
– conservasen o seu tícket de compra.
– cubrisen correctamente os seus datos na ficha de participación.

CLÁUSULA 3 – SORTEO:

•O sorteo realizarase o día seguinte antes das 13:30, e será aberto ao público
•O nome das persoas agraciadas coñecerase de inmediato.

CLÁUSULA 4 – ENTREGA DE PREMIOS:

•Os nomes dos gañadores serán publicados nas nosas pantallas e nas nosas diferentes redes sociais.
•Para recoller o seu premio os gañadores deberán mostrar o DNI e o tícket de compra.
•O premio entregarase nas oficinas do Mercado, en 6 cheques de 5 euros, estes cheques poden ser utilizados en todos os establecementos do Mercado, situados na planta baixa.
•Os cheques levarán inscrito a data do sorteo, o nome e número de posto. Serán válidos por un período de 3 meses, contado a partir do día da realización do sorteo.
•Asociación de Empresarios do Mercado de Travesas non se fai responsable da perda ou roubo dos cheques.

CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSONAIS:

•Mercado Travesas resérvase o dereito de incorporar os datos facilitados á súa base de datos.
•Os participantes autorizan a que o seu nome sexa publicado na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) do Mercado Travesas.

CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:

•Os participantes no sorteo asomen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
•Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as bases do sorteo. Resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog:
www.mercadotravesas.com/blog/
•Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no caso de existir algún erro nos datos facilitados polas persoas agraciadas.

Deja un comentario