Diseño sin título (13)

Volven as visitas escolares ao Mercado Travesas

Un novo curso escolar está a piques de comezar e tamén as actividades e visitas guiadas que realizan os colexios fora do recinto da escola.
Por iso, un ano máis abrimos as nosas portas para que os nenos e nenas dos distintos centros escolares poidan coñecer como é un Mercado por dentro mediante unha visita guiada pensada especialmente para os máis pequenos

IMG_20161102_102052

Programación Visita guiada ao Mercado Travesas

A noso obxectivo é que a visita guiada sexa unha actividade educativa, onde o Mercado Travesas, invita ás escolas a facer que os nenos do ámbito xeográfico próximo se acheguen a descubrir o mercado e o que o caracteriza e o diferenza doutras formas de comercio.
Tras o éxito obtido durante os últimos anos nas visitas, acadando máis de 800 nenos cada ano, esperamos este ano poder chegar a máis colexios.
A proposta educativa diríxese a rapaces de entre 4 e 9 anos. Os contidos da visita organízanse de forma secuencial e acumulativa, de maneira que ao longo do percorrido se traballan contidos novos e se reforzan os anteriores.
A actividade ten como finalidade facilitar unha dinámica educativa que permita aos alumnos ter unha experiencia directa do que é o mercado a través dunha visita ás súas instalacións. Por outra parte, animar a todos os participantes no programa educativo a compartir as súas experiencias e impresións a través dun concurso artístico

Esta guía ten o obxectivo de compartir cos docentes todos os aspectos que se consideraron no deseño da proposta para facilitar a súa aplicación.
Os contidos e as actividades foron descritos tendo en conta un grupo estándar. Entendemos que cada alumno e cada aula ten unhas características determinadas, polo que haberá que axustar a proposta a cada contexto.

Programación

A actividade ten como finalidade presentar o mercado como un espazo de consumo onde, ademais da posibilidade de encontrar unha gran variedade de produtos frescos e de calidade que nos axudan a manter unha dieta equilibrada, predomina un modelo de comercio de proximidade, con todas as súas vantaxes. A proposta consta de varias actividades, divididas en tres momentos diferentes: antes, durante e despois da visita

Contidos:

1. Diferenciación de alimentos frescos de alimentos envasados
2. Alimentos saudables que se poden atopar nun mercado para as distintas comidas do día: almorzo, comida, merenda e cea.
3. Orixe dos alimentos: animal e vexetal.
4. Alimentos derivados (ex: do leite, da carne, etc)
5. Procedencia de algúns alimentos elaborados.
6. Elaboración dun menú sinxelo (1º prato, 2º prato, sobremesa)
7. A importancia dunha alimentación variada: as froitas
8. Os vendedores/as, tipos de postos, a importancia social do mercado.

Obxectivos:

– Identificar o mercado como unha opción de consumo de produtos saudables e de calidade, necesarios para unha dieta sa e equilibrada.
-Descubrir o comercio de proximidade, recoñecendo a atención personalizada e a orientación e información o consumidor como as súas características principais.
-Recoñecer o valor do mercado como un establecemento especializado en produtos alimenticios frescos, variados e de calidade.

Actividades

Antes: Breve explicación no espazo infantil.
Durante: Visita guiada polo mercado.

Plano da visita:

Despois: Xogos aplicando os coñecementos adquiridos nunha das nosas salas facendo un debuxo de aquelo que chamara máis a sua atención da visita, degustación dun zume natural e visualización dun video dunha horta ecolóxica

Contribución da actividade nas competencias básicas
A través das seguintes actividades poderemos traballar aspectos diferentes que nos axudarán a desenvolver diversas competencias básicas:

-Na proposta atopamos actividades de conversación, debate e reflexión conxunta, que axudarán a traballar aspectos relacionados coa competencia comunicativa e lingüística.
-Por outra parte, descubrir o mercado máis próximo e participar na súa actividade potencian os aspectos relativos á competencia de interacción co mundo físico e a competencia social e cidadá.
-No momento de crear para participar no concurso de “Sensacións no Mercado Travesas” axudaremos a traballar a competencia creativa.
-Finalmente, a reflexión sobre os progresos e coñecementos que se adquiren relaciona a proposta coa competencia de aprender a aprender.

Para máis información ou concertar unha visita guiada ao  noso Mercado poden contactar no correo electrónico marketingtravesas@gmail.com ou chamando o número 986 122 859

www.mercadotravesas.com

 

Deja un comentario