Neste posto atoparás embutidos nacionais de calidade e queixos galegos artesanais. O seu produto estrela é o Xamón Ibérico Denominación de Orixen Guijuelo, un produto de enorme calidade e sabor, moi saudable polas súas propiedades.
Ofrece produtos caseiros de elaboración artesanal, embutidos e curados coa mellor relación calidade-prezo e profesionalidade na atención e o servicio.
Destaca porque son especialistas no corte a coitelo do xamón, no desosado, corte e envasado de pezas de xamón.
No Mercado atenderanlle profesionais que adican a súa vida a venta do seu produto, son persoas que coñecen o produto dende a súa orixen e que elixen o mellor para vostede.
Mario lémbranos que a calidade non sempre vai ligada a unha marca e recoméndanos probar o produto antes de mercalo.