Campaña Entroido
FUNCIONAMENTO:
O cliente participará no sorteo de 7 fins de semana para dúas persoas e 12 lotes de produtos típicos do entroido. Para isto requerirase cubrir a papeleta de participación correctamente e introducila nas nosas urnas, será necesario realizar unha compra en calquera posto do mercado para poder participar no sorteo.
Os comerciantes darán aos seus clientes unha papeleta con cada compra.
Lista de postos por sección
Sección 1 Peixarías:
13 El Bacalao de Oro
21 Bacalao Peixaría Marilo
22 Peixaría Filo
23 Peixaría Julio
24 Peixaría Susi
25 Peixaría Pedro
26 Peixaría Pedro
27 Peixaría Juan
28 Peixaría Marisa Rey
29 Peixaría Teresa
30 Peixaría Laura
31 Peixaría Chuca
32 Peixaría Luisa
Sección 2 Carnizarías:
1 Carnizaría Manolo
2 Carnizaría María
3 Carnizaría Mari Carmen
4 Carnizaría Hector
5 Polería Hector
6 Carnizaría Tomás
8 Carnizaría Rodeiro
9 Kike Carnizaría
10 Carnizaría Tino
11 Granja Louriña aves huevos e caza
12 Carnizaría Duran
Sección 3 Froitarías – Panadarías – Varios:
15 Froitas Zaira
18 Froitaría Mucha
36 Froitaría Luisa
7 Mari Floristas
16 Café Irene
19 Peluquería Tete Pereira
34 Xoiería Manzano
17 Panadaría DYM charcutería xamonería
33 Pan Queixos Delicatessen
35 Charcutería El Rincón del Jamón
Estancia Balneario:
Aos agraciados entregaráselles un bono para utilizar nas instalacións do Hotel Talaso Atlántico, consistente nunha noite de Hotel con almorzo e visita ao circuito termal, para dúas persoas.
Contido dos lotes:
- 2 Botellas de Víño, Rectoral de Amandi.
- 1 Cacheira (Lalinene)
- 6 Chourizos (Lalinense)
- 4 Chourizos ceboleiros (Fonte Fría)
- 1 Lacon (Fonte Fría)
BASES:
CLÁUSULA 1 – PERÍODO:
Do 4 de febreiro ao 4 de marzo
CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:
- O participante deberá realizar unha compra no mercado.
- Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
- So poderá entregarse un premio por participante, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
- O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso.
CLÁUSULA 3 – SORTEO:
- O sorteo realizarase, no Mercado Travesas, o martes 4 de marzo ás 11:00, nun evento aberto ao público.
CLÁUSULA 4 – RECOLLIDA DE PREMIOS:
- O agraciado poderá recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Venres de 10:30 a 13:30.
- En caso de que o gañador non se encontre no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
- Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.
CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS:
- Mercado Travesas resérvase o dereito de incorporar os datos facilitados á súa base de datos.
- Os participantes autorizan a que o seu nome sexa publicado na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas durante a data de validez da campaña, así como durante os tres meses seguintes. Igualmente, autorizan para que apareza publicado en calquera das canles oficiais de comunicación do mercado.
CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:
- Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
- Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes na blog de mercadotravesas.com/blog/
- Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
- Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.