Todas las entradas de Mercado Travesas

Mercado Travesas

CANDIDATURAS: MERCADO DAS TRAVESAS

Mercado Travesas

LUGAR PRESENTACION CANDIDATURAS: 
MERCADO DAS TRAVESAS
RUA ESPEDRIGADA, S/N
 36210 – VIGO
marketingtravesas@gmail.com

OS CANDIDATOS DEBERAN ESTAR EMPADROADOS EN VIGO DESDE O 20 DE DECEMBRO DE 2013 E INSCRITOS NA CORRESPONDENTE OFICINA DE EMPREGO COMO DEMANDANTES DE EMPREGO.

            3  Postos Azafata/ou – Promotora/or


Descrición xeral do posto:

Levar a cabo a promoción da tarxeta de “fidelización do Mercado”, captación de clientes para o uso da devandita tarxeta e obtención dos datos persoais dos usuarios. Xestión de datos persoais e confidenciais da información recibida dos propios.

Funcións propias do posto:

Presenza no punto de promoción asignado nos horarios requiridos.
Asegurar a recollida correcta dos datos persoais.
Respectar as medidas de seguridade e confidencialidade da información obtida.
Verificar a información e en caso necesario, corrixir in situ os datos rexistrados.
Manter os estándares de calidade no traballo, na atención e servizo ao cliente e transmitir unha imaxe acorde coa empresa que representa.


Medios utilizados:

Material de consumo: folios, bolígrafos, gomas, suxeitapapeis, fita adhesiva, pegamen¬to, sobres, papel, goma, lapiseiro, rotuladores, carpetas, etiquetas, etc.


Requisitos:

Coñecementos teóricos e prácticos:

Idiomas: a nivel bilingüe español e galego.
Ter coñecemento sobre seguridade de recollida de datos persoais (Codificación, protección, recuperación, cancelación, etc.). Coñecemento da normativa en materia de protección de datos. En particular o Real Decreto 1720/2007, do 21 de Decembro de desenvolvemento da Lei Orgánica de Protección de Datos.
Experiencia en posto similar. 

Perfil competencial:

Para o desenvolvemento óptimo e eficiente do posto, requírense as seguintes competencias e actitudes:

Habilidades de comunicación: Capaz de presentar claramente ideas e información de forma oral en distintas circunstancias; sabe escoitar; é capaz de escribir claramente e de documentar as actividades; é capaz de ler e de interpretar a información escrita; mostra sensibilidade polas diferenzas lingüísticas e culturais cando se comunica.
Iniciativa/automotivación: Capaz de poñer en marcha e continuar con liñas de actuación específicas sen supervisión ou sen que ninguén lle diga que ten que facer e cando.
Orientación ao cliente: Demostra capacidade para comprender e atender as necesidades dos clientes; é paciente, educado e práctico cando se intenta obter información dos clientes.

Ofrécese:

Incorporación a empresa
Contrato de duración determinada: 2 meses.
Xornada de 10hs/semanais
Salario segundo convenio Comercio alimentación provincia dePontevedra (código convenio 3600315)