Lugar de presentación das candidaturas: Mercado das Travesas
Rua Espedrigada, s/n
36210 – Vigo
Correo electrónico: info@mercadotravesas.com
Os candidatos/as deberán estar empadroados en Vigo desde o 1 de Xaneiro de 2016 e inscritos na correspondente Oficina de Emprego como demandantes de emprego
Postos Ofertados
-
1 Posto Persoal Mantemento
Descrición xeral do posto:
Levar a cabo o mantemento xeral das instalacións do mercado.
Funcións propias do posto:
Mantemento preventivo e correctivo das instalacións xerais.
Mantemento, instalación e reparacións básicas de fontanaría, electricidade, albanelaría, etc.
Pintado, limpeza e mantemento básico para o uso público do edificio.
Reparación de danos e pequenas avarías.
Medios utilizados:
Equipos: ferramentas manuais, alicates, chave inglesa, etc.
Requisitos:
Coñecementos teóricos e prácticos:
Experiencia en posto similar.
Coñecementos básicos de fontanaría, electricidade e albanelaría.
Manexo de ferramenta manual.
Perfil competencial:
Para o desenvolvemento óptimo e eficiente do posto, requírense as seguintes competencias e actitudes:
Formal: Traballador; de confianza; asegúrase de que o traballo se realiza correctamente e no prazo convido
Múltiples tarefas: Capaz de afrontar varias tarefas e de atender peticións; establece prioridades e asegúrase de que todos os problemas están solucionados; elabora plans de acción realistas tendo en conta as restricións de tempo e a dispoñibilidade de recursos.
Ofrécese:
Incorporación a empresa
Contrato de duración determinada: 5,5 meses.
Xornada de 40hs/semana
Salario segundo convenio Comercio alimentación provincia de Pontevedra (código convenio 3600315)
-
1 Posto Xestora/or de Comunicación Externa 2.0
Descrición xeral do posto:
Levar a cabo a comunicación externa da asociación en redes sociais, webs, prensa e cartelería.
Xestión de comunicación e mercadotecnia.
Funcións propias do posto:
Xestión da comunicación e promoción externa da Asociación de Empresas do Mercado Das Travesas.
Creación, actualización, mantemento e posicionamento da asociación en redes sociais.
Resposta personalizada aos usuarios externos que contacten coa asociación a través dos medios 2.0.
Coñecementos avanzados de ámbitos informáticos (Windows, Linuxe/ou Mac) e de ferramentas de comunicación.
Asegurar o correcto almacenamento e as medidas de seguridade e confidencialidade da información tratada.
Manter os estándares de calidade no traballo.
Medios utilizados:
Material de oficina: impresora, fax, fotocopiadora, calculadora, grapadora, bandexas de documentación, ficheiros e arquivos, etc.
Material de consumo: folios, bolígrafos, gomas, suxeitapapeis, fita adhesiva, sobres, papel, goma, lapiseiro, rotuladores, carpetas, etiquetas, etc.
Software informático e Internet: paquete Office.
Requisitos:
Coñecementos teóricos e prácticos:
Idiomas: Castelán e Galego.
Altos coñecementos das diferentes redes sociais, blogs, páxinas web relacionadas, etc.
Manexar con destreza os ámbitos e programas informáticos específicos para a comunicación e
mercadotecnia (PaqueteMicrosoft Office).
Boa comunicación escrita e oral.
Rapidez mecanográfica demostrable.
Formación específica relacionada cos portais de redes sociais (Facebook, Twitter, blogs, etc)
Experiencia en posto similar.
Perfil competencial:
Para o desenvolvemento óptimo e eficiente do posto, requírense as seguintes competencias
Actitudes:
Creatividade/Innovación: Capaz de crear solucións novas e únicas aos problemas; capaz de crear solucións alternativas e novas fórmulas para facer negocios; goza sendo creativo; pensa en solucións orixinais; busca novas maneiras de facer as cousas.
Seguro das súas relacións sociais: Séntese cómodo cando coñece xente nova; séntese a gusto en situacións formais; é falador e mostra seguridade en si mesmo cando trata con distintos tipos de persoas; móstrase animado nas actividades en grupo; goza relacionándose con persoas diferentes; fai amigos doadamente; gústalle que lle poñan atención.
Asertividad: Capaz de comunicarse cos demais independentemente da súa condición ou posición social; capaz de resolver conflitos para obter o resultado desexado; capaz de convencer os demais para que cambien de opinión; capaz de tomar o mando; instrúe e dirixe os demais; expresa libremente as súas opinións; expón claramente os seus desacordos; disposto a criticar os demais.
Ofrécese:
Incorporación a empresa
Contrato de duración determinada: 5,5 meses.
Xornada de 20hs/semanais
Salario segundo convenio Comercio alimentación provincia de Pontevedra (código convenio 3600315)
-
1 Posto Coordinador/a de Eventos
Descrición xeral do posto:
Coordinación das accións promocionais e eventos desenvolvidos no Mercado Travesas dentro do Plan de Marketing establecido, contribuindo na reelaboración do plan mediante propostas alternativas, asumirá asimesmo a xestión e execución de determinados eventos propostos.
Funcións propias do posto:
Análise das accións publicitarias e promocionais realizadas no Mercado Travesas.
Realizar recomendacións sobre as accións, eventos, e en xeral calquer tipo de idea que sexa susceptible de introducción no plan de marketing da Asociación.
Contribuir a elaboración do plan de comunicación que mellore a política de comunicación da Asociación.
Colaborar na xestión dos eventos programadas no plan de marketing e comunicación da Asociación.
Coñecementos avanzados de ámbitos informáticos (Windows, Linuxe/ou Mac) e de ferramentas de comunicación.
Asegurar o correcto almacenamento e as medidas de seguridade e confidencialidade da información tratada.
Manter os estándares de calidade no traballo.
Requisitos:
Coñecementos teóricos e prácticos:
Idiomas: Castelán e Galego.
Coñecementos de marketing.
Manexar con destreza os ámbitos e programas informáticos específicos para a comunicación e mercadotecnia (PaqueteMicrosoft Office).
Boa comunicación escrita e oral.
Experiencia en posto similar.
Perfil competencial:
Para o desenvolvemento óptimo e eficiente do posto, requírense as seguintes competencias actitudes
Creatividade/Innovación: Capaz de crear solucións novas e únicas aos problemas; capaz de crear solucións alternativas e novas fórmulas para facer negocios; goza sendo creativo; pensa en solucións orixinais; busca novas maneiras de facer as cousas.
Seguro das súas relacións sociais: Séntese cómodo cando coñece xente nova; séntese a gusto en situacións formais; é falador e mostra seguridade en si mesmo cando trata con distintos tipos de persoas; móstrase animado nas actividades en grupo; goza relacionándose con persoas diferentes; fai amigos doadamente; gústalle que lle poñan atención.
Asertividad: Capaz de comunicarse cos demais independentemente da súa condición ou posición social; capaz de resolver conflitos para obter o resultado desexado; capaz de convencer os demais para que cambien de opinión; capaz de tomar o mando; instrúe e dirixe os demais; expresa libremente as súas opinións; expón claramente os seus desacordos;
disposto a criticar os demais.
Ofrécese:
Incorporación a empresa
Contrato de duración determinada: 5 meses.
Xornada de 20hs/semanais
Salario segundo convenio Comercio alimentación provincia de Pontevedra (código convenio 3600315)