Todos os nosos clientes, do Mercadona e tamén de Proa disporán de 70 minutos de aparcadoiro gratuíto para realizar as súas compras. Seguimos mellorando para dar os nosos clientes os mellores servizos.
O cliente participará no sorteo de 20 lotes de Entroido. Para isto requerirase cubrir a papeleta de participación correctamente e introducila nas nosas urnas, será necesario realizar unha compra en calquera posto do Mercado Travesas para conseguir unha papeleta.
Os comerciantes darán aos seus clientes unha papeleta con cada compra.
BASES:
CLÁUSULA 1 – PERÍODO:
Do 21 de xaneiro ao 9 de febreiro.
CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:
Ser maior de idade
O participante deberá realizar unha compra no mercado.
Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
Só poderá entregarse un premio por participante, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
Non poderán ser agraciados nesta campaña os comerciantes, nin os empregados, nin os membros da Asociación de Empresarios Mercado Travesas.
O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso.
CLÁUSULA 3 – SORTEO:
Osorteorealizarase, no Mercado Travesas, omartes9 de febreiro ás 12:00h.
CLÁUSULA 4 – RECOLLIDA DE PREMIOS:
Os agraciados poderán recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Venres de 09:00 a 14:00.
En caso de que o gañador non se encontre no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.
CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS:
Mercado Travesas resérvase o dereito de incorporar os datos facilitados á súa base de datos.
Os participantes autorizan a que o seu nome e fotografía sexan publicados na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas durante a data de validez da campaña, así como durante os tres meses seguintes. Igualmente, autorizan para que apareza publicado en calquera das canles oficiais de comunicación do mercado.
CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:
Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog de mercadotravesas.com/blog/
Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.