Todas las entradas de Mercado Travesas
CAMPAÑA DE NADAL 2017 SORTEO 50 LOTES
Xa temos gañadores dos primeiros 40 lotes de Nadal, aquí vos deixamos a lista cos nomes:
1 | ACUÑA VALVERDE RITA |
2 | ALVAREZ CONDE HILDA |
3 | AMORIN JOEL |
4 | ARAUJO MARGARITA |
5 | ARIAS GONZALEZ MILAGROS |
6 | CAMPOS FERNANDEZ PAULINO |
7 | CASAL PENAS ROSA Mª |
8 | CASTRO LOPEZ MANUEL |
9 | CONDE SOLEDAD |
10 | COSTAS COSTAS ERMITAS |
11 | DOMINGUEZ CORTES MARIA |
12 | ESTEVEZ ABALDE Mª ALBA |
13 | ESTEVEZ OLIVIA |
14 | FEIJOO PESO JOSE VICENTE |
15 | FERNANDEZ ARMADA ROSANNA |
16 | FERNANDEZ BORRAJO SONIA MARIA |
17 | FUENTES LAGO BEGOÑA |
18 | GARCIA OLIVEIRA YOLANDA |
19 | GARCIA RIVEIRO SOLEDAD |
20 | GOMES DA MARIA |
21 | GUIMERÁNS SANTORIO Mª ANGELES |
22 | LOPEZ FERNANDEZ JEANETT |
23 | LOSADA E TERESA |
24 | MARTINEZ FERREIRA LARA |
25 | MARTINEZ GESTEIRO VICENTE |
26 | MARTINEZ RODRIGUEZ ALAIDE |
27 | MONTES LOMBA FRANCISCO |
28 | NOVOA BELEN |
29 | OLIVEIRA GOMEZ ROSALIA |
30 | OTERO RODRIGUEZ ELIDA JUSTA |
31 | PAZOS ALONSO JAVIER |
32 | POCIÑA LEMA JOSEFINA |
33 | RAMOS RIBADA DOLORES |
34 | REY SOLLA ANGELES |
35 | RIELO ABALDE JOAQUINA |
36 | RODRIGUEZ CAAMAÑO Mª VICTORIA |
37 | SALGADO MOURIÑO MANUEL |
38 | SALGADO VEGA ANA MARIA |
39 | ULLOA PEREZ DOLORES |
40 | VALVERDE BLANCO FRANCISCO |
Sorteo do 29 de decembro 10 últimos lotes:
1 | ALONSO SOTELO FINA |
2 | CONDE PEREZ EMILIO |
3 | CORDEIRO F. CARMEN |
4 | CORREA LOPEZ CARLOS |
5 | FERRIN BARRAL MARIA JOSEFA |
6 | GONZALEZ TERESA |
7 | PEREZ VAZQUEZ ANTONIA |
8 | RIOBÓ AGULLA BEATRIZ |
9 | SANTOS RODRIGUEZ ROSA MARIA |
10 | ZAPATERO ARTACHO MARIA |
Algúns dos agraciados menos tímidos:
Este Nadal temos moitas actividades, aquí podedes ver a programación:
E ademais o noso sorteo de 50 lotes de Nadal.
BASES:
CLÁUSULA 1 – PERÍODO:
Diciembre 2017
CLÁUSULA 2 – REQUISITOS:
- Ser maior de idade
- O participante deberá realizar unha compra no mercado.
- Deberá cubrir os seus datos e introducir a papeleta na urna do sorteo.
- Só poderá entregarse un premio por participante, no caso de saíres dúas ou máis papeletas premiadas cos mesmos datos, so será válida a 1ª papeleta.
- Non poderán ser agraciados nesta campaña os comerciantes, nin os empregados, nin os membros da Asociación de Empresarios Mercado Travesas.
- O incumprimento do establecido nas presentes bases levará consigo a inadmisión do usuario como participante do concurso.
CLÁUSULA 3 – SORTEO:
- O sorteo realizarase, no Mercado Travesas, o luns 22 de decembro (40 LOTES)e o xoves 29 de decembro (10 LOTES) ás 11:45, nun evento aberto ao público.
CLÁUSULA 4 – RECOLLIDA DE PREMIOS:
- O agraciado poderá recoller o seu premio nas oficinas do Mercado Travesas, en horario de Luns a Sábado de 10:30 a 13:30.
- En caso de que o gañador non se encontre no momento da realización do sorteo comunicaráselle por teléfono.
- Disporá de 7 días despois da realización do sorteo para pasar a recoller o seu premio.
CLÁUSULA 5 – PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS:
- Mercado Travesas resérvase o dereito de incorporar os datos facilitados á súa base de datos.
- Os participantes autorizan a que o seu nome e fotografía sexan publicados na páxina web e redes sociais (Facebook, Instagram eTwitter) de Mercado Travesas durante a data de validez da campaña, así como durante os tres meses seguintes. Igualmente, autorizan para que apareza publicado en calquera das canles oficiais de comunicación do mercado.
CLÁUSULA 6 – ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADE:
- Os participantes no sorteo asumen a totalidade do contido destas bases. O incumprimento do establecido levará consigo a inadmisión do usuario como participante do sorteo.
- Mercado Travesas resérvase o dereito de modificar as Bases do sorteo, parcial ou totalmente en calquera momento. Así mesmo, resérvase tamén o dereito de anulalo ou deixar o premio deserto en caso de detectarse algunha irregularidade. Realizada calquera modificación, esta será debidamente posta en coñecemento dos participantes no blog de mercadotravesas.com/blog/
- Mercado Travesas resérvase o dereito de excluír da participación no sorteo a todos aqueles participantes que, estime, están a incumprir calquera condición de participación incluída nas presentes bases. A exclusión dun participante, calquera que sexa a causa, leva consigo a perda de todos os dereitos derivados da súa condición como tal.
- Mercado Travesas queda eximido de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados no seu caso polos propios agraciados que impedise a súa identificación.
Los Asociados de AETRAVI apuestan por el Networking
Parece que, poco a poco, el proyecto va cogiendo forma y aumenta la asistencia de empresas, comercios y profesionales de la zona de As Travesas en Vigo a las reuniones mensuales de networking que se celebran en las instalaciones del Mercado Travesas.
En el desarrollo de las mismas contamos con la coordinación de los “chicos” de OVB asesoría financiera así como con la colaboración de Txema Daluz de WebsGalicia quien además de gestionar la newsletter participa como ponente impartiendo formación relativa al Marketing Digital y ventas.
En la próxima convocatoria del grupo, se ha decido realizar una formación explicando en qué consiste la herramienta DAFO y sus aplicaciones en nuestros negocios. Para conocer cómo se aplica este método de análisis, se ha decido llevar a cabo un estudio DAFO sobre el propio grupo de networking.
¡Os esperamos!
Ganadores sorteo “Volta ao Cole”
Xa temos a listaxe definitiva de gañadores e gañadoras do nosa promoción “Volta ao Cole” que durou dende o 1 ata o 23 de setembro e coa finalidade de axudar aos nosos clientes “a tirar do carro” no comenzo deste novo curso escolar
O pasado Martes fixemos un acto público no noso Mercado no que unha man inocente sacou da urna as papeletas cos nomes dos gañadores dun dos 16 cheques regalo que sorteábamos*
Como sabedes, estos cheques regalo poden ser empregados para facer as túas compras en calqueira dos postos que forman parte do noso Mercado
Estos son os gañadores e gañadores. ¡Parabens!
Gañador cheque regalo de 150 €
Emilio Conde Pérez
Gañadorxs cheques regalo de 50 €
1 | David Caride Casal | ||||||
2 | Benito González | ||||||
3 | Pilar González Piñeiro | ||||||
4 | Carmen Alonso Rodriguez | ||||||
5 | Ascensión Fernández | ||||||
6 | Angel Alonso | ||||||
7 | María Jesús Cabadas Rial | ||||||
8 | Patricia Lago Cameselle | ||||||
9 | Leticia Otero de Castro | ||||||
10 | Pili Adsna Dafonte | ||||||
11 | Laura Sotelo Calvo | ||||||
12 | Pilar Antonio Pérez | ||||||
13 | Daniel Lago Costas | ||||||
14 | Ana Lago Costas | ||||||
15 | Amelia Souto Cousiño |
*Pódes consultar as bases deste sorteo aquí
Volven as visitas escolares ao Mercado Travesas
Un novo curso escolar está a piques de comezar e tamén as actividades e visitas guiadas que realizan os colexios fora do recinto da escola.
Por iso, un ano máis abrimos as nosas portas para que os nenos e nenas dos distintos centros escolares poidan coñecer como é un Mercado por dentro mediante unha visita guiada pensada especialmente para os máis pequenos
Programación Visita guiada ao Mercado Travesas
A noso obxectivo é que a visita guiada sexa unha actividade educativa, onde o Mercado Travesas, invita ás escolas a facer que os nenos do ámbito xeográfico próximo se acheguen a descubrir o mercado e o que o caracteriza e o diferenza doutras formas de comercio.
Tras o éxito obtido durante os últimos anos nas visitas, acadando máis de 800 nenos cada ano, esperamos este ano poder chegar a máis colexios.
A proposta educativa diríxese a rapaces de entre 4 e 9 anos. Os contidos da visita organízanse de forma secuencial e acumulativa, de maneira que ao longo do percorrido se traballan contidos novos e se reforzan os anteriores.
A actividade ten como finalidade facilitar unha dinámica educativa que permita aos alumnos ter unha experiencia directa do que é o mercado a través dunha visita ás súas instalacións. Por outra parte, animar a todos os participantes no programa educativo a compartir as súas experiencias e impresións a través dun concurso artístico
Esta guía ten o obxectivo de compartir cos docentes todos os aspectos que se consideraron no deseño da proposta para facilitar a súa aplicación.
Os contidos e as actividades foron descritos tendo en conta un grupo estándar. Entendemos que cada alumno e cada aula ten unhas características determinadas, polo que haberá que axustar a proposta a cada contexto.
Programación
A actividade ten como finalidade presentar o mercado como un espazo de consumo onde, ademais da posibilidade de encontrar unha gran variedade de produtos frescos e de calidade que nos axudan a manter unha dieta equilibrada, predomina un modelo de comercio de proximidade, con todas as súas vantaxes. A proposta consta de varias actividades, divididas en tres momentos diferentes: antes, durante e despois da visita
Contidos:
1. Diferenciación de alimentos frescos de alimentos envasados
2. Alimentos saudables que se poden atopar nun mercado para as distintas comidas do día: almorzo, comida, merenda e cea.
3. Orixe dos alimentos: animal e vexetal.
4. Alimentos derivados (ex: do leite, da carne, etc)
5. Procedencia de algúns alimentos elaborados.
6. Elaboración dun menú sinxelo (1º prato, 2º prato, sobremesa)
7. A importancia dunha alimentación variada: as froitas
8. Os vendedores/as, tipos de postos, a importancia social do mercado.
Obxectivos:
– Identificar o mercado como unha opción de consumo de produtos saudables e de calidade, necesarios para unha dieta sa e equilibrada.
-Descubrir o comercio de proximidade, recoñecendo a atención personalizada e a orientación e información o consumidor como as súas características principais.
-Recoñecer o valor do mercado como un establecemento especializado en produtos alimenticios frescos, variados e de calidade.
Actividades
Antes: Breve explicación no espazo infantil.
Durante: Visita guiada polo mercado.
Plano da visita:
Despois: Xogos aplicando os coñecementos adquiridos nunha das nosas salas facendo un debuxo de aquelo que chamara máis a sua atención da visita, degustación dun zume natural e visualización dun video dunha horta ecolóxica
Contribución da actividade nas competencias básicas
A través das seguintes actividades poderemos traballar aspectos diferentes que nos axudarán a desenvolver diversas competencias básicas:
-Na proposta atopamos actividades de conversación, debate e reflexión conxunta, que axudarán a traballar aspectos relacionados coa competencia comunicativa e lingüística.
-Por outra parte, descubrir o mercado máis próximo e participar na súa actividade potencian os aspectos relativos á competencia de interacción co mundo físico e a competencia social e cidadá.
-No momento de crear para participar no concurso de “Sensacións no Mercado Travesas” axudaremos a traballar a competencia creativa.
-Finalmente, a reflexión sobre os progresos e coñecementos que se adquiren relaciona a proposta coa competencia de aprender a aprender.
Para máis información ou concertar unha visita guiada ao noso Mercado poden contactar no correo electrónico marketingtravesas@gmail.com ou chamando o número 986 122 859